Co gallo do centenario da Ourensana Revista Nós, e comisariada polo amigo Afonso Monxardin, montouse unha excepcional exposición que nestes días se levanta na sala do Marcos Valcarcel; a modo de pequena contribución eiqui tedes o meu estudo feito da presenza da fotografia na revista.
Iso non quere dicir que non poidamos falar de traballos fotográficos ou
colaboracións destes profesionais.
Dende o número 1 da revista de data 30 de Outono de 1920, aparece o
anuncio publicitario de Don José Samaniego Piñeiro; non podemos dicir
se se tratou dunha cuestión meramente publicitaria, dunha cuestión de amizade
cos promotores da nova publicación aos que pretendía axudar, ou se como nos
inclinamos a pensar, esa publicidade foi unha forma de pagamento ou
agradecemento pola colaboración profesional do mestre Samaniego. Sexa como
for, aparecen nos tres primeiros números anuncios de Samaniego, co formato
que tedes de primeiro, e dende o número 4 ata o 12, con este outro.
O marxe deses anuncios, na revista
aparecían unhas imaxes que a editorial citaba como fora de texto; entre as
que figuran traballos de diferentes artistas, como son os debuxos
A maiores da publicidade
de José Samaniego que como xa vos comentei mantivose ata o numero 12;
encontramos no n.º 7 unha fotografía do doutor Leonardo Coímbra,
ilustrando dous artigos que se publicaron na súa honra a raíz dunha visita que
fixo naqueles días a Galicia, (descoñecemos o autor da fotografía).
No n.º 8 dedicado á memoria do alcalde de Cork, Terencio Mac Swiney,
heroe da loita irlandesa, aparece a fotografía de Mr.
De Valera, Eduardo; presidente da asemblea constituínte de
Dublín e a do propio Mac Swiney, ambas as dúas de autor descoñecido. |
Continúan
aparecendo no número 10 fotografías do Mestre Pedro Ferrer (supostamente),
ilustrando os textos de Cuevillas, que nesta ocasión nos fala da Cibdade de San
Cibran de Las.
O número 11 orfo de imaxes, para encontrarnos no 12 a maior cantidade de
fotografías da primeira etapa de Nós. Altérnanse nesta ocasión traballos de
campo de Pedro Ferrer, con traballos feitos con toda probabilidade nas
instalacións do Museo Arqueolóxico daquelas situado no actual Instituto Oteiro
Pedrayo, por José Samaniego.
No
número 13 desaparece o anuncio do estudio Samaniego, pero continúan aparecendo
traballos asinados por el na continuación do traballo de Florentino
Cuevillas sobre San Cibran de Las; aparece tamén por primeira vez na Revista,
unha fotografía publicitaria, trátase da que ilustra o anuncio da empresa
Hermanos Rodríguez, (aparece tamén como Rodríguez Sánchez e Vázquez)
As seguintes publicacións, non tiveron imaxes fotográficas, xa que ata o número 18, no que ilustrando unha
colaboración á sección arqueolóxica de don Florentino enviada por Don Ángel
del Castillo (trata da eirexa visigótica de San Martiño, que antecedeu na
situación á actual Santa María Madre), aparece unha fotografía obtida polo
propio autor. |
Teriamos
que agardar despois ata o número 32 para encontrar outra fotografía, pero iso
xa será outro dia, no que comentarei tamen os “cromos” que se incluiron en
varios números.