Pepiño
Con frecuencia acordome dun personaxe ao cal sendo eu pequeno víao caseque a diario, refírome o "Pepiño", recoñezo que ao principio dabame un pouco de medo (os seus problemas físicos, e o avanzado da súa idade cando lle coñecín, non irradiaban precisamente unha imaxe feliz) , o caso é que aos poucos, (tamén grazas á carteira da miña avoa ou de quen me acompañase, que sufría os meus embates ao pasar diante das Josefinas), funlle collendo agarimo, e creo ou quero recordar que el tamén me saudaba co seu típico movemento de ombreiros e cabeza, (agora que o penso, lembro que tamén facia algo semellante a esbozar un soriso) ata o punto de que cheguei a tocarlle o seu abrigo, e ata o manubrio que tentaba el con pouco éxito facer virar para que se movese o seu asento.
Algún de vos pode que lembre o carriño que sae na fotografía, eu dende logo que non; no meu tempo, Pepiño tiña un con rodas semellantes as que levan as cadeiras de rodas, e a diferencia, era que tiña un artiluxio no fronte, pra que el poidera moverse un pouco facendoo xirar cas suas mans.