Aqueles de vós que gocedes mirando imaxes antigas seguro
que recoñeceredes a O Rizo nesta fotografía. É a que aparece no libro que lle
dedicaron no 2008. O que probablemente non saibades é que é unha imaxe recortada
desta outra na que aparece co seu amigo Recaredo Vega Bernárdez. Mediados os
anos 60
Homenaxe a Recaredo Vega
Entre os anos 40 e 70 (faleceu en 1975), non houbo unha soa feira ou
celebración onde O Rizo non estivese presente, coa súa cámara e un bo número de
rolos de película nos petos. Pero se non chegaban, sempre había mais na súa Vespa
ou no seu Goggomobil.
Era coñecido en
toda a provincia, porque ademais das feiras, tamén asistía a todas as festas
populares que se preciaran. Comezaba a tempada coa festa de San Lázaro e non
remataba ata que se acendese o último foguete das diversas festas da vendima
que se organizaban por toda a provincia.
Certo e que traballar as festas soa terrible, pero el “sufriao”
estoicamente. Non era un problema doado de resolver, decidir en qué mesa se sentaría
como convidado, ou con quen compartiría o polvo na feira. Ademais dese “sufrimento”,
adoitaba ser un xenio nos negocios, xa que, comprensiblemente, naqueles días,
todolos vecinos vestían cas súas mellores roupas, e mesmo buscaban ser obxetivo
da súa cámara. Cando ofrecia as súas “galletas”, pouca xente non as aceptaba.
¡Sabia a quen disparar!!!.

Verdadeiramente esta
visión emprendedora chocaba coa súa excesiva xenerosidade, que o mantiña escaso
de diñeiro. Non era raro que non cobrase polos seus traballos; quizais esta
fose a orixe da creación das "sucursais": pequenos negocios onde
instalaba un escaparate pra mostrar as fotos e que se puidesen ver os suxeitos.
Na vila de San Rosendo era un pequeno posto de chucherías na céntrica rúa
Cesáreo Fernández núm. 2, que co tempo,
din que gañaba mais cas fotos que cas lambetadas. Tamén pagaría a pena
estudar por que insistía en facer regularmente máis dunha copia das fotos, pero
esa era a súa forma de traballar.
O escaparate en Cesáreo Fernández 2, as súas colaboradoras e o Goggomobil.
Das principais vilas, Celanova foi sen dúbida a que máis veces utilizou como escenario. Ter un mercado semanal xunto ca feira mensual e un bo programa festivo foi un aliciente, pero tamén e certo que el caeu ven na vila e o pouco tempo todos eran amigos. ¡Ben! Algúns tamén suxiren que tiña moza na vila, pero eso son cuestións persoais.
Algunhas das orixináis instantáneas da colección de
Recaredo. Nelas Xosé, O Rizo, non dubida en deixar o disparador nas mans dalgún
axudante, pra sair retratado tamen- Nunha aparecen Rizo e Recaredo con duas
boas mozas, ou polo menos ben simpáticas, Noutra Manolo, traficando cos chanchos
na feira….
O que si sei é
que, forxou unha boa amizade co meu “primo” Recaredo. Desde os primeiros
momentos nos que o vía como un bo cliente —no deixaba de ser “O médico"—, pasaron
a ter unha estreita amizade e o tema negocio desapareceu. O certo é que era
raro que se visen sen que Rizo lle fixese unha instantánea, xa fose no seu
despacho, nun baile, nun simple paseo ou onde fose. De feito, o seu compromiso
e os primeiros anos de matrimonio podíanse seguir perfectamente a través das
fotografías de Rizo. Aínda que bailando con algunha amiga antes de formalizar
relaciones tamén o pillou...
Dende mediados da
década do 1960, Rizo era un habitual da mesa da familia Vega, os xoves e na feira
do vintenove, despois co nacemento dos primeiros Vega González, encargouse de
facerlles un book completo, que poucos rapaces daqueles anos teñen. e é case seguro que poder desfrutar do licor
de café feito coa receita secreta dos Salgado contribuíu a que o carácter de
Xosé Vázquez Arias O Rizo, fose aberto e simpático.
Para os que non o
coñecían, o doutor Vega Bernardez é un claro exemplo de médico rural. É certo
que a súa intención ao rematar a carreira era máis académica que asistencial,
xa que estivo a piques de dirixir a escola de enfermaría en Ourense, pero ao
final decidiu probar sorte na vila, e...
Agora que o 24/7 está tan de
moda, seguro que se inspirou no que era a vida destes profesionais. Algúns
queixábanse de que a consulta na cafetería xa era algo dado, pero mesmo durante
a misa dominical recibían consultas... Eran os tempos dos servizos públicos de
atención domiciliaria (APD), con salarios baixos e principalmente en zonas
rurais, con horario ininterrompido. Ah, sen esquecer que as viaxes eran a
cabalo, e os poucos teléfonos dispoñibles eran a través dunha operadora. A miña
curmá Viruca conta que algunha noite de inverno, volvendo da súa terceira
saída, atopaba outro paisano na consulta para axudar a outro paciente, e había
que ir, ¡que remedio!... Con ise panorama, non deixou a mediciña rural ata que
se xubilou...
Se eu puidese escoitar a súa versión,
teríame dito que, ao final, todos os pacientes eran amigos, e que puido
rodearse dos seus seis fillos... ¡ben! Cinco fillos e unha filla... E que a súa
maior mágoa chegou nos últimos tempos, coa perda dun fillo, algo que só puido
superar grazas a ter oito netos que non o deixaron renderse. Ao final, foron os
anos, pero... Se mo permiten, quizais a forza e o apoio da súa muller Viruca
tamén tiveron algo que ver coa súa felicidade.
Sirva iste pequeno artigo coma homenaxe aun dos mais
representativos fotógrafos do noso Ourense Xosé Vazquez Arias, e a un daqueles
profesionales que fixeron da su profesión una vida de servicio. A o “primo”
Recaredo Vega Bernardez. (quen fixo a maior colección de fotografía de Rizo coñecida).
O de primo entre paréntesis, e porque ainda que non me importaría ter esa relación con el,
en realidade a miña prima, é a súa encantadora esposa Viruca …