viernes, 21 de enero de 2022

Ourensan@s Inmortales XXXIV, Don Ramón


Don Ramón os vinte e oito anos (1916)

Ramon Antonio Vicente Otero Pedrayo

"don Ramón" (ourense 1888- 1976)   

    Era fillo do Doutor Enrique Otero, e de Dona Eladia Pedrayo.
    Por razóns de amizade dos seus pais e por veciñanza (os Risco vivían no primeiro andar e os Otero no segundo), desde moi pequeno gozou da amizade de Vicente Risco (amizade no mais estrito sentido da palabra, a pesar da diferenza de idade,(tres anos), pasaban moitas horas da súa infancia xuntos, xogos en casa dun e doutro, paseos,etc), comenzou o seu período escolar no colexio dos Irmáns Villar (na Praza do Cid Eirociño dos Cabaleiros,tras da sua casa) pero ao pouco tempo, por un pequeno altercado (naqueles momentos practicábase o lema "A letra con sangue entra") Ramón non quixo voltar ao colexio, dende ese intre a súa nai Dona Eladia, encargouse da súa educación persoalmente coa axuda de Don Enrique o pai, ata que puido ingresar no Instituto que hoxe leva o seu nome.
No seu paso por Santander como Profesor de Instituto,coñeceu á súa muller María Jósefa Galán Bustamante, e casou no 1923
  
A súa muller Dona "Fita" ( Mª Josefa Bustamante Galan), o dia da súa voda 1923.

   Pra non alongar mais a presenza deste ourensano inmortal neste listado, recupero a entrada con escasos datos que publiquei fai anos, e na que "copio"  a biografía de D. Ramón que aparece na web www.biografiasyvidas.com (traducida de xeito pouco académico).

   E aproveito pra facer duas correcions:  por erro supoño que involuntario, na biografía que facilita a "Fundación Penzol", depositaria do legado de Don Ramón, maniféstase que faleceu en Amoeiro, cando todo o mundo sabe que faleceu na súa casa da rúa da Paz en Ourense.
Por outra banda, a  primeira fotografía , que penso pertence á fundación, eu recollina do blog de Marcos Valcarcel, correspóndese a Don Ramón no ano 1915-16.

Os cincuenta e dous?, penso que debe ser do 1940

Escritor español en lingua galega.
Autor dunha copiosa obra, é unha das máximas figuras da literatura galega do século XX. Estudou en Madrid e Santiago de Compostela as carreiras de dereito, e filosofía e letras.
En 1932 representou á provincia de Ourense nas cortes constituíntes da República, pero durante a maior parte da súa vida viviu no seu pazo de Trasalba onde cultivou a súa inesgotable curiosidade cultural.
Frecuentou todos os campos da literatura, desde a poesía e a novela ata o teatro e o ensaio, e converteuse no membro máis sobresaliente da xeración da revista Nós, que entre 1920 e 1936 orientou a vida cultural galega.
Iniciou a súa traxectoria coas narracións breves Pantelas, home libre (1925), O purgatorio de don Ramiro (1926) e Escrito na néboa (1926), aínda que o seu libro máis ambicioso foi a novela Camiños dá vida (1928), amplo mural onde puxo ao descuberto a evolución da vida rural galega do século XIX. Na súa obra seguinte, Arredor de si (1930), serviuse do personaxe de Adrián Solovio para trazar a súa autobiografía espiritual e o retrato da súa propia xeración.
Outras novelas destacables son A romaría de Xelmírez (1934), Fra Vernero (1934), Devalar (1935), O mesón dos ermos (1936) e O señorito dá Reboraina (1960), onde máis aló dos argumentos concretos, a sociedade galega con todos os seus matices é a auténtica protagonista."
Aprox. 63 - 73 e 84 anos