Aínda que con pouco tempo de reacción pero idesme permitir que a entrada de
hoxe sexa pra recomendarvos, se esta dentro das vosas posibilidades, asistir ao
acto por medio do cal se designase a praza situada entre as rúas Xan de Novoa e
Avenida de Buenos Aires como Praza da Coral de Ruada.
En pouco máis dun mes cumpriranse 100 anos desde a presentación oficial do Coro no Salón Apolo da cidade, 24 de
xuño 1919 e nese tempo a Coral demostrou un agarimo e respecto pola nosa cidade
que considero debemos agradecer; foron os nosos embaixadores en cuantos países
convidóuselles e sempre co seu bo facer conseguiron que Ourense sexa coñecido
no mundo enteiro.
FELICIDADES e vémonos na
Praza da Coral de Ruada