miércoles, 13 de diciembre de 2023

In Memoriam "Manolo do Orellas", por su nieto

Son entradas que non me gusta escribir, polo que supoñen, unha terrible perda, pero ao mesmo tempo deben facerse como homenaxe e lembranza deses queridos personaxes que nos deixaron.

Hoxe lembramos un personaxe esencial da nosa Auria que se foi estes dias.
 MANUEL IGLESIAS EIREY, 
o máis vello da saga que todos lembraremos como Manolo o do Orellas.

Afortunadamente, o seu neto Jacobo tivo a amabilidade de enviarme esta necrolóxica, coa que o deixo nas súas mans. 
Unha aperta a toda a familia e un agarimoso recordo pra o gran Manolo.


Querido abó.
Pensei que serías eterno, polo menos na miña mente vivías de esa maneira.
Nunca imaxinei que chegaría este día no que te diríamos adeus. Hoxe estás de celebración alí arriba, imaxínome a foliada que che prepararon os teus irmáns, desexando estaban volver a por, as orellas o lume e botarlle unha peza contigo, porque se falta a tua voz nótase.
Podes sentirte orgulloso da familia que creaches, nunca, e digoo ben alto, nunca nos faltou o teu cariño e calor de pai, abó, bisabó tío ou do que fixera falta, pois ti querias a quen viñese . Porque para ti todo estaba ben e todos eran bos ata nestes últimos días, que facías o esforzo para reiterar esas palabras e para darnos gracias por todo.
Pois digoche agora eu a ti un Gracias en mayusculas: Gracias por cada peza con raíz galega que nos ensinaches e que che encantaba que todos a aprendéramos para na seguinte comida cantala contigo. Gracias por crear un negocio no que a día de hoxe unha parte da familia vivimos del e a outra parte síntese orgullosa delo.
Gracias por cada obra de arte que fixeches nese teu baixo-taller de San Ciprian onde todo o elaborado era para os demais ou para uso ou disfrute dos teus, destacando o licor de herbas.
Gracias por cada paseo pola tua Coruña , polos veráns en Perbes e por eses días fantásticos de praia.
Podería seguir dando as gracias por unha infinidade de cousas, así que resumo todo en GRACIAS POR REGALARNOS A TUA VIDA
A partir de agora o miudiño empezará sonando co pano na cabeza e baixiño, como de costume, pero acabará soando mais forte que nunca porque un pedaciño de ti vai con cada un de nos e faremolo notar.
Querémoste; e unha lenda coma ti manterase viva para a eternidade Gracias Manoliño por 97 anos desta linda historia


   “Cantas xarras non deixaron de beber, cantas xarras que quedaron sen cobrar...”  
                                               Manuel Iglesias Eirey