Hai catro anos escribín sobre un dos nosos sinais de identidade: A Queimada, tentando lembrar que aínda que hai que ter en conta que se debe facer un consumo moderado, como con todas as bebidas alcohólicas. Temos que procurar que non caia no esquecemento.
Quizais promocionar que unha semana ao ano, (mellor en época de frío), os restaurantes ofrézano como chupito despois da cea e fagan eses días algún acto que o exalte.... Quizais en sintonía co Magosto , ou co Samain?. E unha simnple idea...
Tiña en mente lembrar este tema, pero non me decidia por aquelo de non aburrir, aínda que despois de 4 anos non o creo... O caso é que me atrevo a lembralo xa que a miña amiga Elvira Ginzo honroume cuns agasallos entre os que estaba este programa do I Festival da Queimada daquel lonxano 1975...
Programas de festas, coplas de mais, y mais... |
Xa vos podo dicir que a miña amiga Elvira é neta dun gran ourensán, Avogado, Empresario, Alcalde, etc. e ofreceume a súa colaboración para escribir un artigo sobre el, refírome a don Marcial Ginzo Soto....