O´Orellas 1953
unha saga de orella e Rabo
Hai anos, Manolo o maior da saga “Orellas”, a petición do amigo Arturo Vispo escribiu a historia do noso Orellas, que pola claridade e cercanía empregada tentado estiven de plaxiar, mais iso non é o meu estilo. O caso é que sen lelo, o amigo Adolfo Rego (ese rapaz que ten preto dos 100, cuñado do Claudio) envíame algúns datos que coma e natural coinciden plenamente. O meu artígo de hoxe é unha pequena homenaxe á familia Iglesias Eirey, en agradecemento por tantos anos facendo que os ourensáns gocen “poñendo a orella nas nosas vidas”.
Había catro irmáns, Manolo, Claudio, José e Eladio; nados na Trasalba de Don Ramón, e non teño dúbida de que iso tivera algo que ver con que a rúa da Paz fose o escenario principal desta historia.
O maior Manolo comezou no Bar Rincón cando iste o rexia o “Tío” Benxamin, (maís tarde fundou o Mundial na praza maior, pero esa é outra historia) na rúa da Paz dando servicio aos espectadores que acudían ao Teatro Principal, de aquelas o ambigú aínda non existía; esta (o ambigú pra que nos entendamos era onde se mercaban antes as palomitas....) sería aberta pola familia Sáenz cando retomou as rendas do edificio e mais da empresa. Nun primeiro momento, a xestion cedeuse a un “non profesional”, pero o pouco a explotación entregouselle O Rincón, na persoa de Claudio.Chega o ano 83 e pecha o Orellas histórico, a idea e reabrir os dous irmáns, pero durante a busca dun local deciden tomar diferentes direccións, Manolo quere seguir na rúa e Claudio non quere deixar os “baixos fondos”; a resultas abre o vello Orellas na rúa da Paz 6 e Claudio bautiza o seu co nome de “O Burato” nas inmediacións da ponte de Ervedelo.
Obrigado e sinalar que facía moito tempo que a orella e o rabo se acompañaban de bo xamón, queixo fresco, (quizais financiado polos ximnasios da cidade que ven aumentar as matriculas cos consumidores “arrepentidos”, desa Creme que chaman queixo). Pra que vos fagades unha idea tanto ten ampliado a carta, que si entra un porco pola porta desaparece sin deixar rastro, (non sei se nalgun intre fan filloas.....), lacon, cachucha, lombo......
No tema do viño, idesme permitir que aplauda a decisión de manter o viño atabernado, o “da casa”, non sei se segue a ser o caldo de Freás, o si cambiaron de adega, pero codease con outros caldos embotellados de indubidable calidade.
Así a todo, a parte mais interesante da empresa, eran os "parroquianos"; xente da cultura, da empresa, do deporte, o mais granado da cidade pasaban todos por ali, sen embargo os que mais pegada deixaron, coma non, os de sempre, Zepo, Paxaro, Carracuca, Dado, Madrid.... Contame Adolfo Rego que o peor trago do Polito foi o dia que coincidiu no bar co cabo Villar, (Municipal Adolfo Villar), quen xa o tiña collido pra levar dormir a “perrera” pola sua cantinela “Municipal, Patata sin sal.... “, o final o Claudio intermediou.....
Hoxe a enseña continúa en mans da familia e esperamos que sexa por moito tempo.