Páginas

viernes, 19 de marzo de 2021

O Orellas ,1953

 O´Orellas 1953

 unha saga de orella e Rabo

    Hai anos, Manolo o maior da saga “Orellas”, a petición do amigo Arturo Vispo escribiu a historia do noso Orellas, que pola claridade e cercanía empregada tentado estiven de plaxiar, mais iso non é o meu estilo. O caso é que sen lelo, o amigo Adolfo Rego (ese rapaz que ten preto dos 100, cuñado do Claudio) envíame algúns datos que coma e natural coinciden plenamente. O meu artígo de hoxe é unha pequena homenaxe á familia Iglesias Eirey, en agradecemento por tantos anos facendo que os ourensáns gocen “poñendo a orella nas nosas vidas”.

    Había catro irmáns, Manolo, Claudio, José e Eladio; nados na Trasalba de Don Ramón, e non teño dúbida de  que iso tivera algo que ver con que a rúa da Paz fose o escenario principal desta historia.

  O maior  Manolo comezou no Bar Rincón cando iste o rexia o “Tío” Benxamin, (maís tarde fundou o Mundial na praza maior, pero esa é outra historia) na rúa da Paz dando servicio aos espectadores que acudían ao Teatro Principal, de aquelas o ambigú aínda non existía; esta (o ambigú pra que nos entendamos era onde se mercaban antes as palomitas....) sería aberta pola familia Sáenz cando retomou as rendas do edificio e mais da empresa. Nun primeiro momento, a xestion cedeuse a un “non profesional”, pero o pouco a explotación entregouselle O Rincón, na persoa de Claudio. 
No soto do teatro escondíase un "tesouro".

   Foi ao redor de 1952 cando, coa intencion de dar saida o excedente de viño propiedade dun alguacil amigo, que se abriu no soto unha adega; nun principio estivo xestionado por Manolo e o  terceiro dos irmáns: José, o certo é que para sorpresa de todos, incluídos eles, a adega funciona de marabilla, quizais o “innovador” pincho de orella foi o culpable. Sexa como fora, foi cando se pide ao cuarto irmán: Eladio, que se incorpore o negocio, agora xa en mans da familia.  Corría o ano 53 e xa na tabla de precios aparecían as armas familiares: Orella e Rabo, bocadillos, tapa ou pincho segundo a fame, sin maís converteronse en imprescindibles para as peñas da cidade, as que habia e as que con sede no local se constituiron; as mais afamadas, a dos Porcos e a dos Canecos, pero sen olvidar outras coma a das Vedettes, Os Caracoles, a do Paris, a do Burato e incluso a tertulia do Finochetti. Certo e que ter a xarra ou cunca no local era privilexio dos da casa: Porcos e Canecos, o resto eran benvidos pero tiñan os pertrechos cada un na sua.... 


Permitaseme aproveitar pra incluír aquí o segundo paso da historia da saga, que foi cando na familia levase a cabo a primeira separación, maís pra expandirse que por outras razons; primeiro foi José quen decidiu probar fortuna en terras do sur, pero non tarda en volver, eso si en vez de ocupar a praza que tiña por “oposición” no Orellas, abre o seu propio templo, foi na rúa Lepanto, e o lugar chamábase Montecarlo. Eladio tamén decide instalarse só e abre o “Sardiña” na rúa da Lua; en ambos, por decisión dos donos abandonouse o protagonismo dos apéndices dos gorrinos. Quedaban así o frente do “Castelo”  Manolo e Claudio a quenes todos en Ourense lembran no mítico baixo do Teatro.

Non vou ocultar que as condicións hixiénicas eran un pouco "precipitadas" e hoxe non habería forma de obter a licenza, pero a touro pasado quizais habería que revisar a normativa sanitaria porque en todos os anos de actividade que tivo, non sabemos dunha soa intoxicación alimentaria nese lugar; das outras, as etilicas, houbo moitas pero é que en Ourense sempre houbo quen tivo problemas coas matemáticas e non soubo contar as cuncas que levaba trasegado. 

    Chega o ano 83 e pecha o Orellas histórico, a idea e reabrir os dous irmáns, pero durante a busca dun local deciden tomar  diferentes direccións, Manolo quere seguir na rúa e Claudio non quere deixar os “baixos fondos”; a resultas abre o vello Orellas na rúa da Paz 6 e Claudio bautiza o seu co nome de “O Burato” nas inmediacións da ponte de Ervedelo.

   Obrigado e sinalar que facía moito tempo que a orella e o rabo se acompañaban de bo xamón,  queixo fresco, (quizais financiado polos ximnasios da cidade que ven aumentar as matriculas cos consumidores “arrepentidos”, desa Creme que chaman queixo). Pra que vos fagades unha idea tanto ten ampliado a carta, que si entra un porco pola porta desaparece sin deixar rastro, (non sei se nalgun intre fan filloas.....), lacon, cachucha, lombo......

       No tema do viño, idesme permitir que aplauda a decisión de manter o viño atabernado, o “da casa”, non sei se segue a ser o caldo de Freás, o si  cambiaron de adega, pero codease con outros caldos embotellados de indubidable calidade.

   Así a todo, a parte mais interesante da empresa, eran os "parroquianos"; xente da cultura, da empresa, do deporte,  o mais granado da cidade pasaban todos por ali, sen embargo os que mais pegada deixaron, coma non, os de sempre, Zepo, Paxaro, Carracuca,  Dado, Madrid.... Contame Adolfo Rego que o peor trago do Polito foi o dia que coincidiu no bar co cabo Villar, (Municipal Adolfo Villar), quen xa o tiña collido pra levar dormir a “perrera” pola sua cantinela “Municipal, Patata sin sal.... “, o final o Claudio intermediou.....

Hoxe a enseña continúa en mans da familia e esperamos que sexa por moito tempo.

                   “Cantas xarras non deixaron de beber, cantas xarras que quedaron sen cobrar...”                                                                                                                                                                                       Manuel Iglesias Eirey