miércoles, 19 de junio de 2019

Unha rúa en Viana do Bolo no 1909

Fotógrafo Desconocido 
Circa 1909
JLDE1909000483
Calle de los Mazaira O Bolo
Postal, Editorial E.J.G. para postales Ortiz.

 Detalles: Nin sequera podo considerar a posibilidade, por volume e complexidade, de extender a miña colección ás imaxes da provincia; xa coa cidade chegame abondo.

  Aínda así, cando me envían algúnha, busco documentalo, non sei se o fago ben, pero intentoo. Os erros sei que mos perdoades e me correxides educadamente.

    Hoxe é esta postal orixinal e antiga que E.J.G. París, Irún, un dos meus favoritos (ten unha serie das primeiras que se colorearon  cunha estética que me parece fascinante). Foron un encargo da empresa monfortina Ortiz; Ortiz, á súa vez, fora encargado pola Relogeria de José Iglesias (o de Relogeria está escrito así no orixinal) e forma parte dunha serie de polo menos tres tarxetas postais da vila de Viana do Bolo.

   Estas ordes facíanse como reclamo publicitario; con cada venda facíase o regalo ao cliente e agradecíanse porque era algo orixinal ...

 A postal mostra a rúa de los Mazairas a principios do século XX, supoño que será un erro tipográfico ou unha confusión do editor, porque segundo a miña amiga Naty Arias, a rúa que remata ou comeza (depende de cómo se  quera velo) na praza Maior vianesa é a Rúa das Mazairas. Similar si, pero non e o mesmo. Non?