Páginas

lunes, 5 de marzo de 2018

130 aniversario de Don Ramón


Fotógrafo Desconocido
Circa 1963
RSDE1963000353
Don Ramón en Santiago con Antonio Sánchez
Papel fotográfico, Archivo personal

  Detalles:      Tal día como hoxe fai 130 anos, nacía na céntrica rúa da Paz Ourensá Don Ramón Otero Pedrayo.
   Comezaba así una das biografías máis interesantes pra historia de Galicia, e sobre todo pra o galego. Don Ramón ca súa prolífica intelixencia e amor por Galicia soubo esquivar non poucas dificultades pra deixar un legado de vital importancia á cultura Galega.
    Hoxe transcorrido xa moito tempo do seu falecemento, pódese dicir sen temor a equivocación que Don Ramón entrou nese rango de personaxes que alcanzan a inmortalidade. Todas as xeracións venideras terán motivos dabondo pra revisar a súa obra, aprendendo e gozando da súa sabedoría.

Moitas Felicidades Don Ramón.

     Na fotografía que hoxe gustosamente comparto acompaña a Don Ramón un descoñecido pra moitos Antonio Sánchez González; o meu avó. Entre eles existía desde moi novos unha sa amizade, que tempos difíciles encargáronse de converter en férrea.