Páginas

lunes, 25 de noviembre de 2024

As portas da cidade, onde andarían


Pequeno mapa indicativo que permite localizar as antigas portas da cidade. Olga Gallego.


 Hai uns días nunha viaxe á irmá Portugal puiden ver outra das súas iniciativas para que non se esqueza a súa historia, non se trata de grandes investimentos, nin de traballo pesado, só un pouco de imaxinación e ganas...

¿Cantos de vós podedes ubicar as vellas portas da nosa Auria??? Ademais da máis que lembrada Porta da Aira, o resto teremos que confiar no: Máis ou menos....

Recreación da porta da rúa Nova (Lamas Carvajal) dos ilustradores Evaristo Pereira, Maria Jesus Fernandez y Chero Alonso pra La Voz de Galicia

¿Non sería interesante que despois de que os especialistas nos iluminen, se marquen dalgún xeito no entorno onde estaban e quede gravado para a posteridade??? Iso é o que adoitan facer os nosos irmáns en Portugal. Se visitas a fermosa vila de Guimarães, terás a oportunidade de pasear polas rúas ben conservadas dunha vila medieval, da que aínda quedan moitos exemplos, e das portas que faltan, polo menos se ocuparon de marcar onde se atopaban

Marcada no chan esta a ubicacion da Porta Nova en Guimarães