Páginas

sábado, 26 de febrero de 2022

Ourensan@s Inmortales XXXVII, José Adrio

 

Fotografía de Don José publicada na Revista Vida Gallega o ano 1935

    

José Adrio Menéndez

   Unha das persoas ás que máis gratitude lle debe este blog, é a Don José Adrio. Dende o momento en que descubrín o seu Del Orense Antiguo, converteuse nun perfecto aliado, non só proporcionando datos, senón tamén, mostrando un estilo a seguir, á hora de contar esa "pequena" historia local.


   A pesar dese interese que esperta en mín, dende fai xa tempo, e que posiblemente mantivese no seu momento relación de amizade co meu bisavó Delfín, (ao cal lle dedicou un exemplar do seu libro El Liceo - Recreo Ourensán); moi poucos foron os datos da súa biografía que puiden recompilar (fáltame intercambiar información coa xente do Orfeón).


   Por iso, e como recordo do 75 aniversario do seu falecemento, facilítovos estes escasos datos:

Funcionario de Facenda, como fonte de ingresos principal, era máis coñecido polas súas colaboracións xornalísticas; El Eco de Ourense foi a súa tribuna habitual, aínda que cabeceiras da prensa galega contaron tamén coa súa firma (Revista Vida Gallega: art. "ante el estreno de canto de la emigración" nº 628 y "Jaime Solá Mestre" nº 648 año 1935).


   Como escritor, asinou que eu saiba dúas obras, El Liceo Recreo Orensano; su pasado, su presente, su futuro. (La Industrial, Ourense, 1930), e o xenial. "Del Orense Antiguo1830-1900 (La Popular, Ourense 1935), Iste último non chegou a distribuírse, sendo un descoñecido para moitos ourensanos, ata que no ano 2001 o Concello de Ourense, promoveu a súa reedición, como primeiro número da excelente colección Auria.

   Durante os seus últimos anos foi nomeado Presidente do Orfeón "Unión Ourensana", posiblemente buscando que a sua popularidade no ambito local e Galego axudara a darlle novos folgos a sociedade musical; pero como e ben sabido os momentos non eran os mais apropiados pra eses menesteres.

   Faleceu o día 30 de Abril de 1937 na súa casa da rúa do Progreso 7. (a mais de amigos, polo que vexo, foron veciños el e o meu bisavó).

Hoxe ten unha rua na cidade co seu nome, no barrio da Ponte; unha perpendicular a rua Rio Arnoya, que parte dende a Praza da Marina cara as vias do ferrocarril.

Como vos comentei anteriormente, fáltame comprobar se no Orfeón dispoñen de máis datos sobre o seu ex presidente, pero se algún de vós dispón de datos acerca deste cabaleiro, estaríalle agradecido se mos facilitase.