Páginas

viernes, 11 de junio de 2021

Ourensan@s Inmortales XXIV, Pepiño

 

Fotografía propiedade de Javier Torres

Esta entrada fixose o  19 de novembro do 1910 por primeira vez.

   A de hoxe e unha entrada recuperada e correxida, pero non teño ninguna dubida que iste personaxe ten que figurar na lista de inmortais.  
   

Pepiño

    Con frecuencia acordome dun personaxe ao cal sendo eu pequeno víao caseque a diario, refírome o "Pepiño", recoñezo que ao principio dabame un pouco de medo (os seus problemas físicos, e o avanzado da súa idade cando lle coñecín, non irradiaban precisamente unha imaxe feliz) , o caso é que aos poucos, (tamén grazas á carteira da miña avoa ou de quen me acompañase, que sufría os meus embates ao pasar diante das Josefinas), funlle collendo agarimo, e creo ou quero recordar que el tamén me saudaba co seu típico movemento de ombreiros e cabeza, (agora que o penso, lembro que tamén facia algo semellante a esbozar un soriso) ata o punto de que cheguei a tocarlle o seu abrigo, e ata o manubrio que tentaba el con pouco éxito facer virar para que se movese o seu asento.

    Como podedes ver na imaxe, a vida non foi nada amable con el, descoñezo se foi por causas naturais, ou doutro índole, pero a súa situación física era lamentable, condenado a permanecer sempre pegado ao seu carriño, e dependendo sempre de alguén para todas as súas necesidades. Os únicos datos que teño del son, que vivía nunha casiña da Canella Cega, pola rúa do Vilar, preto da Igrexa da Trinidade, cunha sobriña que segundo me contan era quen se encargaba do seu coidado."

Algún de vos pode que lembre o carriño que sae na fotografía, eu dende logo que non; no meu tempo, Pepiño tiña un con rodas semellantes as que levan as cadeiras de rodas, e a diferencia, era que tiña un artiluxio no fronte, pra que el poidera moverse un pouco facendoo xirar cas suas mans.